Radio y Tele
 
Domingo, 05 Setembro 2010

MENU PRINCIPAL
PORTADA
Chat on Line
PUNTOS DE VISTA
Julio Padilla
Luis A. Lago Lage
Fidel Fernán
Angel Ceular Villace
 

NOVAS
Galicia
España
Resto do Mundo
Deporte Local
Futbol
Baloncesto
Voleibol Femenino
Futbol Sala
- - - - - - -
OUTRAS SECCIONS
Cultura
Deportes
Economía
Educación
Xente
Interese humano
Medio Ambiente
Musical
Política
Saúde
Sociedade
Tecnoloxía
Traballo
JP
LA



ASOCIADOS
Registrate





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

 Atópase en : PORTADA
TRABALLO INVESTIRÁ MAÍS DE 52 MILLÓNS DE EUROS EN ACCIONS DE FORMACIÓN OCUPACIONAL EN 2008
escrito por Redacción   
Luns, 10 Decembro 2007
O DOG publica hoxe a orde pola que se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de cursos formativos do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional na Comunidade galega (Plan FIP). Estas actividades formativas están dirixidas ás traballadoras e aos traballadores en situación de desemprego inscritos no Servizo Público de Emprego e contan cun presuposto de máis de 52 millóns de euros (52.266.822 euros).
Ler máis...
 
O 061 ASISTIU A 207 PERSOAS POR 152 ACCIDENTES DE TRÁFICO NA PONTE DA CONSTITUCIÓN
escrito por Redacción   
Luns, 10 Decembro 2007
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a denominada ponte da Constitución a un total de 207 persoas debido a 152 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o venres con 39 accidentes. A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 195 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.
Ler máis...
 
EUSKADI, CATALUÑA E GALICIA ASINAN A DECLARACIÓN DE COMPOSTELA
escrito por Redacción   
Luns, 10 Decembro 2007
Os titulares de Cultura de Cataluña, Euscadi e Galicia asinaron por primeira vez unha declaración institucional –a Declaración de Compostela- entre os tres gobernos das nacionalidades históricas do Estado español, na que se comprometen a colaborar en materia de patrimonio cultural, artes, industrias culturais e cultura popular.
Ler máis...
 
TREMA A TERRA NOVAMENTE EN BECERREÁ CON UNHA MAGNITUDE DE 2,9
escrito por Redacción   
Luns, 10 Decembro 2007
Un lixeiro tremor de terra de 2,9 graos de magnitude sacudiu pasadas as doce da noite Becerreá. O Instituto Xeográfico Nacional rexistrouno na latitude 42.83 e -7.23 de lonxitude, con hipocentro a 10 quilómetros de profundidade.
 
O CELTA GAÑA (2-1) AO SEVILLA AT. E O LUGO CONSIGUE TRES PUNTOS DE OURO EN OURENSE
escrito por Redacción   
Domingo, 09 Decembro 2007
O Celta da un paso de xigante, e sitúase a só dous puntos do ascenso a Primeira División, tras derrotar ao Sevilla At. en Balaidos por 2-1. En Segunda B, o Lugo venceu a domicilio ao Ourense por 0-1, o que situa ao equipo das Burgas en zona de descenso a Terceira e ós lucenses a cinco puntos dos postos de promoción. O Pontevedra, en zona de promoción, non pasou do empate en Pasarón ante o Universidad (1-1), mentres que o Celta B acadou un meritorio empate en santa Brígida por 1-2.
 
TOURIÑO RENIRASE MAÑÁ EN MÉXICO CO PRESIDENTE FELIPE CALDERÓN
escrito por Redacción   
Domingo, 09 Decembro 2007
Emilio Pérez Touriño, emprende hoxe a súa primeira visita oficial a México que se prolongará ata o vindeiro martes. Logo da súa estancia en Cuba, Touriño viaxa a México co obxectivo de “ampliar, mellorar e afondar” nas relacións entre Galicia e o país azteca, tanto no eido “cultural” como no “institucional” e no “económico”. En declaracións aos xornalistas, Touriño detallou que ten “un especial interese” en desenvolver esta viaxe e que a súa axenda posúe un marcado carácter “institucional e económico”. Tal e como subliñou Pérez Touriño, México é un dos grandes países de referencia no espazo iberoamericano, xunto a Brasil e tamén Arxentina.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 8 - 14 de 1501
Cache Directory Unwriteable
Servizos
O Tempo
Para hoxe
a

A ENQUISA
¿PENSA QUE GALICIA, DADA A SÚA SITUACIÓN, DEBERÍA TER A MESMA HORA QUE PORTUGAL?
 
SORTEOS
Loteria Nacional
Quiniela
Bonoloto
Gordo
Primitiva
Euromillones
Cupon Once
ZODIACO
Selecciona o teu signo e terás a predicción do teu horóscopo para hoxe
 
 
(C)2005 Radio y Tele .