Radio y Tele
 
Domingo, 05 Setembro 2010

MENU PRINCIPAL
PORTADA
Chat on Line
PUNTOS DE VISTA
Julio Padilla
Luis A. Lago Lage
Fidel Fernán
Angel Ceular Villace
 

NOVAS
Galicia
España
Resto do Mundo
Deporte Local
Futbol
Baloncesto
Voleibol Femenino
Futbol Sala
- - - - - - -
OUTRAS SECCIONS
Cultura
Deportes
Economía
Educación
Xente
Interese humano
Medio Ambiente
Musical
Política
Saúde
Sociedade
Tecnoloxía
Traballo
JP
LA



ASOCIADOS
Registrate





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

 Atópase en : PORTADA
O LEMOS PERDE EN CERCEDA (4-2), MENTRES O OURENSE B SORPRENDEU AO LALÍN (2-0)
escrito por Redacción   
Domingo, 25 Novembro 2007
O Club Lemos non puido lograr un resultado positivo no seu desplazamento a Cerceda onde caeu derrotado por 4-2 e segue en postos de descenso. Pola súa banda o Ourense B acadou unha importante victoria ante o Lalín por 2-0, que o afasta momentaneamente dos postos que conducen á Rexional Preferente. En Primeira División o R. Madrid non puido pasar do empate en Murcia (1-1) e o Barcelona non dexou pasar a ocasión ante o Recreativo de Huelva (3-0), que o deixa a tan só dous puntos dos merengues. O Sevilla segue se encontrarse coa victoria e perdeu na casa ante o Mallorca (1-2).
 
QUINTANA APOSTA POR IMPULSAR UN PACTO GALEGO PARA LOITAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
escrito por Redacción   
Sábado, 24 Novembro 2007
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, apostou por impulsar un Pacto Galego pola Igualdade que implique ás administracións, ás asociacións, aos medios de comunicación e tamén aos homes na loita pola igualdade de oportunidades, xa que, segundo o vicepresidente, a violencia contra as mulleres ten a súa orixe na subordinación histórica que as mulleres padeceron ante os homes. Quintana fixo estas declaracións no decurso da entrega do premio Eu tamén navegar, á Marcha Mundial das Mulleres, como recoñecemento "ao seu amplo currículo de denuncia e loita fronte a violencia de xénero".
Ler máis...
 
TRABALLO INVESTIRÁ 10 MILLÓNS DE EUROS NA PROMOCIÓN DA INSERCIÓN LABORAL DE DISCAPACITADOS
escrito por Redacción   
Sábado, 24 Novembro 2007
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, anunciou hoxe que o seu departamento destinará un total de 10 millóns de euros ao longo de 2008 na posta en marcha de programas de emprego que faciliten a inserción laboral de persoas con discapacidade. Esta contía incrementa nun 11% o orzamento investido en 2007 para o devandito fin. O obxectivo da Consellería de Traballo é reducir o número de discapacitados parados en case 650 demandantes.
Ler máis...
 
ACISCLO MANZANO CREARÁ A DEUSA DA COMUNICACIÓN PARA OS PREMIOS GALICIA 2007
escrito por Redacción   
Sábado, 24 Novembro 2007
A Secretaría Xeral de Comunicación encomendoulle ao escultor Acisclo Manzano a creación dos galardóns dos Premios Galicia Comunicación para a edición deste ano. O recoñecido escultor galego proponse “subverter a mitoloxía e crear unha deusa agnóstica e protectora dos xornalistas”, declarou. Acisclo Manzano esculpirá unha obra que se vai converter “no símbolo protector dos comunicadores”. As pezas, que estarán fundidas en bronce, van ser numeradas e exclusivas, cuxo molde será destruído.
Ler máis...
 
FEIJÓO AFIRMA QUE OS MONFORTINOS PERCIBEN UN 75 % DE PRESUPOSTO MENOS QUE O RESTO DE GALICIA
escrito por Redacción   
Sábado, 24 Novembro 2007
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, acudiu esta ao Porto Seco de Monforte, acompañado do Presidente provincial de Lugo, Xosé Manuel Barreiro, deputados nacionais e autonómicos, así como senadores, para valorar os compromisos da Xunta coa comarca de Terra de Lemos. O líder dos populares galegos afirmou que Monforte e os seus arredores ocupan o penúltimo territorio en investimento orzamentario da provincia de Lugo. Núñez Feijóo recordou que a inversión por habitante na zona é de 274 euros, mentres que no conxunto de Lugo é de 500 euros por persoa e de 1.160 no conxunto de Galicia.

.
Ler máis...
 
O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE ATENDE UNHA MEDIA DIARIA DE 2.837 URXENCIAS
escrito por Redacción   
Venres, 23 Novembro 2007
O Servizo Galego de Saúde atendeu dende o día 1 de novembro e ata o 21 de novembro, un total de 59.571 urxencias nos hospitais da rede pública galega. Esta cifra é lixeiramente inferior á do mesmo período do pasado ano 2006, no que as urxencias atendidas foron 59.886. Estas cifras reflicten a normalidade destes servizos, que teñen unha media diaria de atención de 2.837 urxencias.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 57 - 63 de 1501
Cache Directory Unwriteable
Servizos
O Tempo
Para hoxe
a

A ENQUISA
¿PENSA QUE GALICIA, DADA A SÚA SITUACIÓN, DEBERÍA TER A MESMA HORA QUE PORTUGAL?
 
SORTEOS
Loteria Nacional
Quiniela
Bonoloto
Gordo
Primitiva
Euromillones
Cupon Once
ZODIACO
Selecciona o teu signo e terás a predicción do teu horóscopo para hoxe
 
 
(C)2005 Radio y Tele .