Radio y Tele
 
Domingo, 05 Setembro 2010

MENU PRINCIPAL
PORTADA
Chat on Line
PUNTOS DE VISTA
Julio Padilla
Luis A. Lago Lage
Fidel Fernán
Angel Ceular Villace
 

NOVAS
Galicia
España
Resto do Mundo
Deporte Local
Futbol
Baloncesto
Voleibol Femenino
Futbol Sala
- - - - - - -
OUTRAS SECCIONS
Cultura
Deportes
Economía
Educación
Xente
Interese humano
Medio Ambiente
Musical
Política
Saúde
Sociedade
Tecnoloxía
Traballo
JP
LA



ASOCIADOS
Registrate





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

 Atópase en : PORTADA
PORTOS DE GALICIA ADXUDICA O BRAS DE MELLORA DE PANTALÁNS EN RIBADEO, CELEIRO, CARIÑO E BOIRO
escrito por Redacción   
Mércores, 28 Novembro 2007
A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a través de Portos de Galicia, ven de adxudicar por un importe de preto de 470.000 euros as obras de mellora de pantaláns dos portos de Ribadeo, Celeiro, Cariño e Escarabote (Boiro), segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia. Estas actuacións teñen por obxecto a mellora das instalacións de atraque, así como a correcta ordenación das embarcacións nestes portos a partir dos pantaláns existentes. No caso dos portos pertencentes á Zona Norte de Portos de Galicia (os de Ribadeo, Celeiro e Cariño), o prazo de execución das obras é de sete meses, mentres que no de Escarabote é de tres meses.
Ler máis...
 
AMPLIASE O PRAZO DE VACINACIÓN CONTRA A GRIPE ATA O 14 DE DECEMBRO
escrito por Redacción   
Mércores, 28 Novembro 2007
A Consellería de Sanidade vén de ampliar o prazo da Campaña de Vacinación Antigripal e Antipneumocócica ata o vindeiro 14 de decembro inclusive, posto que a relativamente baixa actividade gripal aínda fai posible que a adquisición de anticorpos sexa efectiva. Os motivos que levaron a tomar esta decisión aos técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública fundaméntanse en dous aspectos: por unha banda, na bonanza climatolóxica a nivel de temperaturas que houbo en semanas pasadas, o que puido provocar un retraso na cidadanía á hora de acudir a vacinarse; e, por outra, na relativamente baixa actividade gripal que hai ata o de agora.
Ler máis...
 
TRABALLO PROMOVERÁ EN 2008 O PROGRAMA "EMPREGO CON APOIO" PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE SEVERA
escrito por Redacción   
Martes, 27 Novembro 2007
A Consellería de Traballo promoverá en 2008 o programa Emprego con apoio para incorporar ao mercado laboral ás persoas con discapacidade máis severa á empresa ordinaria. Para este fin, o departamento que dirixe Ricardo Varela subvencionará a contratación de persoal de apoio dos traballadores discapacitados. O director xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo, Álvaro Ansias Bacelar, apuntou esta mañá que o acceso a un emprego digno “é o mellor medio para lograr a plena integración social das persoas con discapacidade, nas mesmas condicións laborais que o resto dos traballadores galegos”.
Ler máis...
 
O SÁBADO COMEZA EN SILLEDA A SELECCIÓN PARA AUXILIARES DA XUNTA CON 9731 ASPIRANTES
escrito por Redacción   
Martes, 27 Novembro 2007
O vindeiro sábado, día 2 de decembro, realizarase no Recinto Feiral de Silleda Silleda o primeiro exercicio dun proceso selectivo para o ingreso no grupo D do corpo auxiliar da Xunta de Galicia. Admitiranse un total 9.731 aspirantes, 9.288 deles para o sistema xeral e os restantes 443 para a cota de reserva de discapacitados. Este primeiro exercicio da fase de oposición realizarase nos pavillóns 1 e 2 das instalacións da Feira Internacional de Galicia a partir das 12.00 horas e non se permitirá acceder ás probas con teléfonos móbiles, con axendas ou con calquera outro tipo de dispositivo electrónico e tampouco se habilitará ningún espazo de recollida dos mesmos.
Ler máis...
 
O LABOR DUN AXENTE FORESTAL DISTINGUIDO CUNHA MENCIÓN ESPECIAL NOS PREMIOS BATELUMES DE OURO 2007
escrito por Redacción   
Martes, 27 Novembro 2007
A Consellaría do Medio Rural destacou e agradeceu o traballo desenvolvido por José Gea Martínez, un axente forestal que conseguiu unha mención especial nos premios Batelumes de Ouro 2007 polo seu labor durante máis de 35 anos na defensa e extinción de incendios forestais en Galiza. José Gea Martínez tomou posesión do seu cargo como axente forestal no ano 1975. Desempeñou o seu traballo ao servizo da natureza en diversas actividades relacionadas coa protección, xestión e control dos recursos ambientais da comarca de Caldas-Salnés.
Ler máis...
 
UN FERIDO GRAVE E DOUS LEVES AO SAIRSE DA N-120 UNHA FURGONETA EN POBRA DE BROLLÓN
escrito por Redacción   
Luns, 26 Novembro 2007
M.S. de 24 anos, veciño de Quiroga (Lugo), resultou ferido grave a resultas  do accidente que sufriu a furgoneta Citroen Berlingo, matrúcula 1882FHJ, na que viaxaba como acompañante. O conductor G.K, de 31 anos e R.R., de 37, sofriron feridas leves. Todos eles eran veciños de Quiroga.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 50 - 56 de 1501
Cache Directory Unwriteable
Servizos
O Tempo
Para hoxe
a

A ENQUISA
¿PENSA QUE GALICIA, DADA A SÚA SITUACIÓN, DEBERÍA TER A MESMA HORA QUE PORTUGAL?
 
SORTEOS
Loteria Nacional
Quiniela
Bonoloto
Gordo
Primitiva
Euromillones
Cupon Once
ZODIACO
Selecciona o teu signo e terás a predicción do teu horóscopo para hoxe
 
 
(C)2005 Radio y Tele .