Radio y Tele
 
Domingo, 05 Setembro 2010

MENU PRINCIPAL
PORTADA
Chat on Line
PUNTOS DE VISTA
Julio Padilla
Luis A. Lago Lage
Fidel Fernán
Angel Ceular Villace
 

NOVAS
Galicia
España
Resto do Mundo
Deporte Local
Futbol
Baloncesto
Voleibol Femenino
Futbol Sala
- - - - - - -
OUTRAS SECCIONS
Cultura
Deportes
Economía
Educación
Xente
Interese humano
Medio Ambiente
Musical
Política
Saúde
Sociedade
Tecnoloxía
Traballo
JP
LA



ASOCIADOS
Registrate





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

 Atópase en : PORTADA
TODA GALICIA DISPORÁ DE BANDA AMPLA EN 2008
escrito por Redacción   
Sábado, 01 Decembro 2007
O Programa de Extensión de la Banda Ancha do Goberno beneficiará en Galicia ao 99,3% dos municipios e a un 48,06% da poboación. Así se lle confirmou, nunha resposta á deputada socialista por Lugo Isabel Salazar, que o Programa de Extensión de la Banda Ancha (PEBA) impulsado polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio dentro do Plan Avanza conseguirá “que todos los núcleos de población de Galicia tengan cobertura de banda ancha antes de la conclusión del 2008, quedando únicamente fuera de este ámbito la población dispersa o diseminada”. Salazar destaca que “isto significa un importantísimo avance respecto á situación na que se atopaba Galicia a principios de 2005, cando en mui poucos municipios había unha cobertura completa dos sus núcleos de poboación”.
 
TRABALLO INVESTIRÁ MÁIS DE 52 MILLÓNS DE EUROS EN FORMACIÓN OCUPACIONAL AO LONGO DE 2008
escrito por Redacción   
Venres, 30 Novembro 2007
O Consello da Xunta de Galicia aprobou a orde pola que se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de cursos formativos do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional na Comunidade galega (Plan FIP). Estas actividades formativas están dirixidas ás traballadoras e aos traballadores en situación de desemprego inscritos no Servizo Público de Emprego e contan cun orzamento de máis de 52 millóns de euros (52.266.822 euros). As accións de formación profesional ocupacional conforman un dos elementos máis salientables das políticas activas de emprego, como medida de mellora da empregabilidade dos desempregados.
Ler máis...
 
A XUNTA APROBA A CONSTRUCCIÓN DUNHA NOVA DEPURADORA EN COSPEITO E SANEAMENTO EN TRICASTELA
escrito por Redacción   
Venres, 30 Novembro 2007
 O concello de Cospeito disporá dunha nova estación de augas residuais na Feira do Monte, nas proximidades do río Támega. Trátase dunha actuación que prevé tamén a execución dun colector xeral na bacía oeste da Feira do Monte e un tanque de tormentas, que permitirá reducir o caudal que leva á edar. Todas estas obras suman un orzamento de 1.030.879 euros, contía que será sufragada na súa totalidade pola Administración hidráulica. Os novos servizos de tratamento de augas residuais de Cospeito deberán estar concluídos nun prazo de 20 meses, dous dos cales se destinarán á redacción do proxecto definitivo, segundo consta no acordo aprobado hoxe. Así mesmo, recóllese a explotación das instalacións durante o prazo dun ano.
Ler máis...
 
19,5 MILLÓNS DE EUROS PARA MELLORAR A CALIDADE DO SERVIZO ELÉCTRICO
escrito por Redacción   
Venres, 30 Novembro 2007
A Consellería de Innovación e Industria asinará unha addenda ao convenio de colaboración entre o seu departamento e as empresas de distribución de enerxía eléctrica de Galicia (Unión Fenosa, Begasa e a asociación Apyde) para a realización de plans de mellora da calidade do servizo eléctrico e plans de control de tensión en Galicia no marco do convenio de tarifa. Esta addenda, autorizada hoxe polo Consello da Xunta, permitirá executar melloras na calidade do servizo e desenvolver plans de control de tensión por importe de 16.247.655 euros, que achegan, nun 60%, as compañías eléctricas, nun 20%, a Consellería de Innovación e Industria, e noutro 20% o Estado, a través da bolsa da tarifa eléctrica correspondente ao ano 2006.
Ler máis...
 
4 MILLÓNS DE EUROS MÁIS PARA OBRAS DE DESDOBRAMENTO EN AUTOVÍA DO CORREDOR NADELA-SARRIA
escrito por Redacción   
Venres, 30 Novembro 2007
O Consello da Xunta autorizou hoxe o gasto de 4.315.192,23 euros para que a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes acometa obras complementarias de mellora no treito II do corredor Nadela-Sarria, xa en construción, co obxectivo de facilitar o desdobramento futuro do corredor e transformalo en autovía cando os niveis de tráfico así o requiran. O treito II do corredor Nadela-Sarria discorre polos concellos do Corgo, Páramo e Sarria, entre o enlace de Maceda, no punto quilométrico 11,000, e o enlace de Sarria Norte, no punto 20,800.
Ler máis...
 
A XUNTA E FOMENTO ELIMINARÁN TODOLOS PASOS A NIVEL DE TITULARIDADE AUTONÓMICA
escrito por Redacción   
Xoves, 29 Novembro 2007
O xefe do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, ven de anunciar que a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento investirán conxuntamente un total de 6,3 millóns de euros para suprimir durante o ano que vén todos os pasos a nivel nas vías de titularidade autonómica. Touriño fixo este anuncio no marco da clausura da I Xornada de Conferencias sobre Seguridade Viaria desenvolvida na cidade herculina baixo o lema A seguridade viaria non é accidental.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 43 - 49 de 1501
Cache Directory Unwriteable
Servizos
O Tempo
Para hoxe
a

A ENQUISA
¿PENSA QUE GALICIA, DADA A SÚA SITUACIÓN, DEBERÍA TER A MESMA HORA QUE PORTUGAL?
 
SORTEOS
Loteria Nacional
Quiniela
Bonoloto
Gordo
Primitiva
Euromillones
Cupon Once
ZODIACO
Selecciona o teu signo e terás a predicción do teu horóscopo para hoxe
 
 
(C)2005 Radio y Tele .