Radio y Tele
 
Mércores, 08 Setembro 2010

MENU PRINCIPAL
PORTADA
Chat on Line
PUNTOS DE VISTA
Julio Padilla
Luis A. Lago Lage
Fidel Fernán
Angel Ceular Villace
 

NOVAS
Galicia
España
Resto do Mundo
Deporte Local
Futbol
Baloncesto
Voleibol Femenino
Futbol Sala
- - - - - - -
OUTRAS SECCIONS
Cultura
Deportes
Economía
Educación
Xente
Interese humano
Medio Ambiente
Musical
Política
Saúde
Sociedade
Tecnoloxía
Traballo
JP
LA



ASOCIADOS
Registrate





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí


 Atópase en : PORTADA
GALICIA E ITALIA ABREN CANLES DE COMUNICACIÓN EN MATERIA DE ARTESANIA
escrito por Redacción   
Mércores, 05 Decembro 2007
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa Souto, mantivo un encontro con responsables da promoción internacional e do sector da artesanía italiana, durante a súa visita á feira de artesanía de Milán, onde Artesanía de Galicia está representada a través dun stand institucional ata o vindeiro 9 de decembro. Esta reunión supón un primeiro contacto co sector artesán italiano e poderá evolucionar cara a diversas actuacións de intercambio cultural e comercial entre Galiza e as diversas rexións de Italia. Na xuntanza deuse conta da situación do sector da artesanía en cada país, así como a súa estrutura empresarial e institucional, posto que en Italia o concepto de artesanía é moito máis amplo que en Galiza, xa que abarca o que nós consideramos pequenas e medianas empresas que realizan todo tipo de activades.
Ler máis...
 
ALFONSO BALADO SERÁ PROPOSTO POR UN SECTOR DE XOVES DO PP DE MONFORTE PARA PRESIDIR A NOVA EXECUTIVA
escrito por Redacción   
Martes, 04 Decembro 2007
Alfonso Balado, asesor fiscal, será proposto no vindeiro congreso do PP de Monforte para presidir a nova executiva, animado por un grupo de xoves militantes que defende unha renovación en profundidade. Esta candidatura terá que competir coa do actual presidente da xestora, o médico Dámaso López, que segundo todalas fontes se presentará a elección do vindeiro 15 de decembro. As duas candidaturas  someteránse ao veredicto da militancia tras fracasar os intentos de chegar a unha única candidatura de consenso.
 
O ENCORO DE BELESAR AO 30,08 % DA SÚA CAPACIDADE
escrito por Redacción   
Martes, 04 Decembro 2007
O encoro de Belesar, o máis importante de Galicia, está ao 30,08 % da súa capacidade total: 655 hectómetros cúbicos. Respecto á semana anterior baixou o 1,22 %, o que significa 8 hectómetros cúbicos menos de auga embalsada. Durante o pasado ano 2006 mantivo unha media do 81,53 % e nos últimos nove anos a media de auga embalsada foi do 46,31 %.
 
FEIJÓO AFIRMA QUE GALICIA TEN AS CORPORACIÓNS LOCAIS MÁIS CARAS DA DEMOCRACIA
escrito por Redacción   
Martes, 04 Decembro 2007
Núñez Feijóo reuniuse cos 160 alcaldes populares de toda Galicia, e acordaron  crear un marco legal que regule os soldos dos cargos electos municipais para evitar incrementos salariais como os rexistrados nesta lexislatura, porque “Galicia ten na actualidade as corporacións máis caras da democracia”. O líder dos populares galegos apostou por levar este debate ao Parlamento -posto que a adopción de devandita medida requiriría unha modificación da lei de Réxime Local- e por establecer un marco e criterios homoxéneos para fixar os soldos de alcaldes e concelleiros. “Espero e desexo o apoio do PSOE e o BNG nunha lei que restableza a dignidade e a ética nos concellos”.
Ler máis...
 
VARELA ACUSA A FEIJÓO DE FALTAR AO RESPECTO Á AUTONOMÍA MUNICIPAL COAS SÚAS REBAIXAS DE SOLDOS
escrito por Redacción   
Martes, 04 Decembro 2007
O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Ricardo Varela, considera, en referencia ás propostas anunciadas polo presidente do PPdeG, que “o anuncio relativo á lexislación das retribucións dos alcaldes feito por Núñez Feijoo pon de manifesto a falta de respecto do PP á autonomía municipal” e que toda proposta neste sentido debera partir do consenso das entidades locais e a proposta da Fegamp, non de xeito unilateral por un partido político. En relación ao incremento dos soldos dos alcaldes nas cidades, Varela recorda a Núñez Feijoo que o maior exemplo de suba salarial nun concello segue a ser a alcaldesa popular de Sanxenxo, que tentou cobrar por riba do soldo establecido en calquera das cidades.
Ler máis...
 
CADERNOS DE VIAXE LEVARÁ AOS MOZOS POLAS RUTAS DA RIBEIRA SACRA E A COSTA DA MORTE
escrito por Redacción   
Martes, 04 Decembro 2007
Os Cadernos de Viaxe sobre A Ribeira Sacra e a Costa da Morte ofrecerá ás novas xeracións de galegos e de mozos de todo o mundo a posibilidade de coñecer Galicia a través dunha publicación ilustrada e comentada en formato peto que ofrecen a posibilidade de achegarse a un espazo que nos interesa visitar. O director xeral de Turismo, Rubén C. Lois, e mais o director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, foron os encargados hoxe de presentar aos medios esta nova iniciativa lúdico-cultural que xorde da colaboración das Consellaría de Innovación e Industria e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 29 - 35 de 1501
Cache Directory Unwriteable
Servizos
O Tempo
Para hoxe
a

A ENQUISA
¿PENSA QUE GALICIA, DADA A SÚA SITUACIÓN, DEBERÍA TER A MESMA HORA QUE PORTUGAL?
 
SORTEOS
Loteria Nacional
Quiniela
Bonoloto
Gordo
Primitiva
Euromillones
Cupon Once
ZODIACO
Selecciona o teu signo e terás a predicción do teu horóscopo para hoxe
 
 
(C)2005 Radio y Tele .