Radio y Tele
 
Domingo, 05 Setembro 2010

MENU PRINCIPAL
PORTADA
Chat on Line
PUNTOS DE VISTA
Julio Padilla
Luis A. Lago Lage
Fidel Fernán
Angel Ceular Villace
 

NOVAS
Galicia
España
Resto do Mundo
Deporte Local
Futbol
Baloncesto
Voleibol Femenino
Futbol Sala
- - - - - - -
OUTRAS SECCIONS
Cultura
Deportes
Economía
Educación
Xente
Interese humano
Medio Ambiente
Musical
Política
Saúde
Sociedade
Tecnoloxía
Traballo
JP
LA



ASOCIADOS
Registrate





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

 Atópase en : PORTADA
TRABALLO TRAMITOU ESTE ANO SUBVENCIÓNS PARA 900 NOVOS AUTÓNOMOS LUCENSES
escrito por Redacción   
Venres, 07 Decembro 2007
Un total de 902 traballadores solicitaron este ano en Lugo as subvencións de emprego autónomo que, en distintas modalidades, convoca a Consellería de Traballo. A penas foron denegadas o 12% das solicitudes, e en todos os casos por non cumprir os requisitos previstos na convocatoria. As axudas concedidas ata a data suman un investimento de 3.571.000 euros e distribúense entre 1.708 expedientes, xa que un solicitante pode acceder a varios tipos de subvención.
Ler máis...
 
A SEGUNDA OPINIÓN MÉDICA PODERÁ EXERCERSE DESDE MAÑÁ NO SISTEMA SANITARIO GALEGO
escrito por Redacción   
Xoves, 06 Decembro 2007
O dereito a obter unha segunda opinión médica pódese exercer xa a partir de mañá no sistema sanitario galego. A través dun decreto, a Consellería de Sanidade regulou a posibilidade de acceder a unha segunda opinión clínica; e ofrece ás e aos pacientes a posibilidade de obter maior información, ou decidir entre as opcións clínicas dispoñibles e postas á súa disposición. Esta segunda opinión pode ser solicitada polas persoas con enfermidades neoplásicas malignas, neurolóxicas inflamatorias e dexenerativas invalidantes, enfermidades graves con causa hereditaria claramente definida, ou aqueles pacientes que procuren confirmación de enfermidade rara.
Ler máis...
 
A XUNTA CONSTRUIRÁ 172 NOVAS VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA EN GARABOLOS (LUGO)
escrito por Redacción   
Xoves, 06 Decembro 2007
A Consellería de Vivenda e Solo inviste 17.687.286 euros na construción de 172 vivendas de promoción pública (VPP) en Garabolos no Concello de Lugo. O investimento foi aprobado hoxe polo Consello da Xunta, por proposta do departamento autonómico, e inclúe a redacción do proxecto e a execución das obras. A construción das 172 VPP en Garabolos trátase da maior actuación en materia de vivenda protexida desenvolvida pola Consellería de Vivenda e Solo no Concello de Lugo, xunto coa rehabilitación de vivenda no Barrio da Tinería en pleno centro histórico da cidade.
Ler máis...
 
TOURIÑO INICIA MAÑÁ UNHA VIAXE OFICIAL A CUBA E MÉXICO
escrito por Redacción   
Xoves, 06 Decembro 2007
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño comezará mañá a súa visita oficial a Cuba e a México, unha viaxe que se prolongará ata o día 11 de decembro e na que presidirá os actos conmemorativos do centenario do Himno Galego e afondará nas relacións institucionais, económicas e culturais con ambos os dous países, ademais de manter encontros coas colectividades galegas. O titular do Goberno galego, que parte esta mañá cara a Cuba, inicia mañá a súa estadía neste país desenvolvendo unha intensa actividade.
Ler máis...
 
UN XOVE DE A6 ANOS FERIDO GRAVE E OUTROS TRES LEVES NUN ACCIDENTE EN OUTEIRO DE REI (LUGO)
escrito por Redacción   
Xoves, 06 Decembro 2007
J.P.E., de 16 anos, veciño de Rábade resultou ferido grave a resultas da saída da vía do coche BMW 318, matrícula 4787 BJK, cando circulaba pola estrada LU-115, de Outeiro de Rei-Castro Ribeiras de Lea. O vehículo bateu contra un poste de teléfonos e contra o peche de pedra dunha casa. Os demais ocupantes de 19 e 18 anos resultaron feridos leves.
 
ESTANSE A INVERTIR MÁIS DE 7000 MILLÓNS NOS 500 QUILÓMETROS DE REDE GALEGA DE ALTA VELOCIDADE
escrito por Redacción   
Mércores, 05 Decembro 2007
A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, salientou hoxe no Parlamento de Galicia o “compromiso incuestionable e sen precedentes” do Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero coas infraestruturas ferroviarias galegas. Segundo indicou a conselleira, “nunca se investiu tanto e nunca se traballou tanto para dotar a este país das infraestruturas necesarias”. María José Caride indicou que o Goberno central está a investir máis de 7.000 millóns de euros nos 500 quilómetros da rede ferroviaria galega de alta velocidade que conforman o Eixo Atlántico, os treitos Santiago-Ourense e Ourense Lubián e a variante de Cerdedo da conexión Vigo-Ourense.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 22 - 28 de 1501
Cache Directory Unwriteable
Servizos
O Tempo
Para hoxe
a

A ENQUISA
¿PENSA QUE GALICIA, DADA A SÚA SITUACIÓN, DEBERÍA TER A MESMA HORA QUE PORTUGAL?
 
SORTEOS
Loteria Nacional
Quiniela
Bonoloto
Gordo
Primitiva
Euromillones
Cupon Once
ZODIACO
Selecciona o teu signo e terás a predicción do teu horóscopo para hoxe
 
 
(C)2005 Radio y Tele .