Radio y Tele
 
Domingo, 05 Setembro 2010

MENU PRINCIPAL
PORTADA
Chat on Line
PUNTOS DE VISTA
Julio Padilla
Luis A. Lago Lage
Fidel Fernán
Angel Ceular Villace
 

NOVAS
Galicia
España
Resto do Mundo
Deporte Local
Futbol
Baloncesto
Voleibol Femenino
Futbol Sala
- - - - - - -
OUTRAS SECCIONS
Cultura
Deportes
Economía
Educación
Xente
Interese humano
Medio Ambiente
Musical
Política
Saúde
Sociedade
Tecnoloxía
Traballo
JP
LA



ASOCIADOS
Registrate





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí
Create your own banner at mybannermaker.com!

 Atópase en : PORTADA
PROTECCIÓN CIVIL AVISA DUNHA ALERTA VERMELLA POR MAS DE FONDO PARA O DOMINGO
escrito por Redacción   
Sábado, 08 Decembro 2007
A Dirección Xeral de Protección Civil avisa dun episodio meteorolóxico adverso de mar de fondo do noroeste e de nivel vermello que afectará ao litoral das provincias da Coruña e de Lugo este domingo a partir das 00:00 horas. Segundo as informacións recibidas dende o Centro Territorial de Galicia, do Instituto Nacional de Meteoroloxía (INM), o mar podería acadar olas de ata 9 metros. Doutra banda, a provincia de Pontevedra agárdase tamén para o domingo outro adverso meteorolóxico de nivel de alerta laranxa por mar de fondo que podería provocar olas de ata 7 metros.
Ler máis...
 
20.000 PROFESIONAIS DE ATENCIÓN PRIMARIA E ESPECIALIZADA XA COBRAN O COMPLEMENTO DE CARREIRA
escrito por Redacción   
Sábado, 08 Decembro 2007
Un total de 20.422 das distintas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde viron incrementadas as súas retribucións ao longo deste ano 2007 coa percepción do complemento de carreira profesional. En concreto, están a percibir este incremento 4.430 facultativos especialistas, 6.333 diplomados sanitarios, e 9.659 profesionais das categorías de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional. A carreira profesional é unha medida que os profesionais teñen á súa disposición como un estímulo para mellorar a calidade do seu traballo de maneira continua e voluntaria, por medio dunha ferramenta que lle aporta un recoñecemento profesional, a través de varios graos de carreira que se acadan sucesivamente, e que lles suporá unha importante remuneración salarial.
Ler máis...
 
TRABALLO IMPULSA A PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO DA RIBEIRA SACRA E DA COSTA DA MORTE
escrito por Redacción   
Sábado, 08 Decembro 2007
A Consellería de Traballo vén de conceder unha subvención de máis de un millón de euros á Fundación Santa María La Real-Centro de Estudios del Románico, para a posta en funcionamento da unidade de promoción e desenvolvemento (UPD) denominada Terras de Galicia, que estará en funcionamento durante un periodo de dous anos. A Costa da Morte e a Ribeira Sacra serán as dúas áreas territoriais de Galicia nas que se centrará esta iniciativa. A Fundación Santa María La Real, promotora deste proxecto, constitúe, de acordo coa súa carta fundacional, unha fundación cultural de duración indefinida e ámbito nacional, que ten, entre outros fins, os de contribuír ao desenvolvemento económico e social mediante a prestación de servizos que favorezan a integración dos diferentes colectivos que conforman cada comunidade.
Ler máis...
 
FERNANDO ALONSO VOLVERÁ A CORRER CON RENAULT
escrito por Redacción   
Venres, 07 Decembro 2007
Parece despexarse finalmente o futuro de Fernando Alonso que, salvo imprevistos de última hora, correrá novamente con Renault as videiras duas temporadas. O contrato está xa fechado e tan só resta asinalo, circunstancia que está prevista para os primeiros días da semana entrante. Como compañeiro de escudería terá a Nelsinho Piquet que xa asume que o lider do equipo é Fernando Alonso. Os enxeñeiros da marca do rombo e Flavio Biatore aseguraron o corredor asturiano que tería un coche competitivo para subir ao podio.
 
TOURIÑO FOI RECIBIDO NO AEROPORTO DE LA HABANA POLO VICEPRESIDENTE DO GOBERNO CUBANO
escrito por Redacción   
Venres, 07 Decembro 2007
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño sinalou, á súa chegada á capital cubana, que a viaxe oficial que desenvolverá durante dous días en Cuba servirá para estreitar lazos entre o pobo galego e o cubano. “Traio un saúdo do noso pobo ao pobo cubano”, expresou Touriño á súa chegada ao aeroporto internacional José Martí, onde foi recibido polo vicepresidente da República de Cuba, José Ramón Fernández e polo embaixador de España neste país, Carlos Alonso Zaldívar. O presidente galego salientou que a conmemoración do centenario do Himno de Galicia é o motivo fundamental desta viaxe oficial.
Ler máis...
 
ADXUDICADAS 92 NOVAS FARMACIAS EN GALICIA
escrito por Redacción   
Venres, 07 Decembro 2007
O DOG de hoxe publica a listaxe provisional de adxudicatarios e a relación das puntuacións obtidas polos participantes no Concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia en Galicia. A Consellería de Sanidade convocou en xaneiro do presente ano este concurso conforme aos principios de publicidade e transparencia, para a adxudicación de 92 novas oficinas de farmacia en Galicia. Esta adxudicación suporá un incremento na accesibilidade da cidadanía de Galicia á atención farmacéutica. Destas 92 novas oficinas, 53 emprazaranse na provincia da Coruña, 14 na de Lugo, 10 na de Ourense, e 15 na de Pontevedra.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 15 - 21 de 1501
Cache Directory Unwriteable
Servizos
O Tempo
Para hoxe
a

A ENQUISA
¿PENSA QUE GALICIA, DADA A SÚA SITUACIÓN, DEBERÍA TER A MESMA HORA QUE PORTUGAL?
 
SORTEOS
Loteria Nacional
Quiniela
Bonoloto
Gordo
Primitiva
Euromillones
Cupon Once
ZODIACO
Selecciona o teu signo e terás a predicción do teu horóscopo para hoxe
 
 
(C)2005 Radio y Tele .