|
A Academia Galega do Audiovisual abríu esta mañá ante os medios de comunicación, os 25 sobres remitidos polo Notario á Xunta Directiva, e que contiñan os nomes das producións e profesionais que @s soci@s da A.G.A. elixiron como Finalistas en cada unha das 25 categorías establecidas nos Premios Meste Mateo 06. Aclarar que naquelas categorías nas que figuran máis de 4 finalistas, é por mor do empate producido nas votacións. (Adxúntase relación de finalistas por cada categoría).
RELACIÓN DE FINALISTAS POR CATEGORÍA
MELLOR LONGAMETRAXE
DE BARES, de Voz Audiovisual S.A. e Matriuska Producciones S.L.; DE PROFUNDIS, de Continental, Desembarco Produccións e Zepelin Filmes; MIA SARAH, de Formato Producciones S.L.; UN FRANCO, 14 PESETAS, de Adivina Producciones e Just Films
PELÍCULA TV
A BIBLIOTECA DA IGUANA, de Ficción Producciones; LA ATLÁNTIDA, de Formato Producciones S.L. ;OMAR MARTÍNEZ, de Adivina Producciones, Nadie Es Perfecto e Just Films; O PARTIDO, de Vaca Films Studio S.L.
PROGRAMA TV
A CASA DE 1906, de Filmanova S.L. e Continental Producciones; ALALÁ, de Televisión de Galicia; ONDA CURTA, de Televisión de Galicia; PLANETA CINE, de Televisión de Galicia
SERIE TV
25 ANOS DE AUTONOMÍA, do Centro Territorial de TVE en Galicia; A VIDA POR DIANTE, de Voz Audiovisual S.A.; LIBRO DE FAMILIA, de Editorial Compostela S.A.; PEPE O INGLÉS, de CTV S.A.
DOCUMENTAL
2050, de TV Siete; A DEDO. HISTORIAS DE AUTOSTOPISTAS, de Directo Producciones; LABREGOS DO MAR, de Producións Zopilote S.L. e Alén Filmes; LINATAKALAM, de Ibisa Tv S.L.; LUME E FUME, de Bren Entertainment S.A.
PRODUCIÓN INTERACTIVA
WWW.ACASADE1906.COM de Continental Producciones S.L., Filmanova S.L. e Diego Delgado; CATÁLOGO DE REALIZADORES 2006, de A Fraga Maldita ;WWW.DEPROFUNDISLAPELICULA.COM, de Interacción e Continental; WWW.ROSALIADECASTRO.ORG, de Desoños S.L.
PRODUCIÓN DE PUBLICIDADE
CABREIROÁ, A AUGA DA TERRA DA AUGA, de CONTINETAL E CABREIROÁ; GALICIA CALIDADE, de I.A.C.E. (LÚA FILMS); HESPERIA GRAN HOTEL LA TOJA, de PÓRTICO DE COMUNICACIONES S.L.; LAS NOTICIAS DEL GUIÑOL, de ALGARABÍA ANIMACIÓN UN CAMIÑO DE ESTRELAS, UNHA CIDADE DE CINE, de FICCIÓN PRODUCCIONES E INCOLSA
CURTAMETRAXE DE FICCIÓN
BECHOS RAROS, de FICCIÓN PRODUCCIONES E INCOLSA; BOS DÍAS, de DANIEL DE LA TORRE ALVAREDO; CICATRICES, de MR MISTO FILMS; S.O.S, de ANTONIO MOURELOS
CURTAMETRAXES DE ANIMACIÓN
A BRUXA CATUXA, de GRÁNDOLA NOVA; A PROMESA, de PLAN AUDIOVISUAL CONCELLO DE BOIRO; O LADRÓN DE BONECAS, de MATRIUSKA PRODUCCIONES S.L;. O GLOBO ANIMADO, de PRODUCIÓNS ZOPILOTE S.L.
DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN
ANA MÍGUEZ, por A VIDA POR DIANTE CARLOS AMOEDO, por A CASA DE 1906 JESÚS ALONSO, por UN FRANCO, 14 PESETAS; PABLO ATIENZA e ÁLVARO RON, por MÍA SARAH
DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA
ALBERTO GOITIA, por A BIBLIOTECA DA IGUANA; MIGUELANXO PRADO, por DE PROFUNDIS; RICKY MORGADE, por O PARTIDO; TOTE TRENAS, por UN FRANCO, 14 PESETAS
MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA
ANA MUÍÑO, MARIAN SÁNCHEZ,;FANI MOSQUERA E LORENA CLAVO, por LIBRO DE FAMILIA; RAQUEL FIDALGO, por DÍAS AZUIS; RAQUEL FIDALGO E ELENA GOTTIG, por DE BARES; SARA MÁRQUEZ E ÓSCAR ARAMBURO, por UN FRANCO, 14 PESETAS
DESEÑO DE VESTIARIO
ANA LÓPEZ, por A CASA DE 1906; JOSÉ MARÍA DE COSSÍO E PUY UCHE, por UN FRANCO, 14 PESETAS; MARÍA FANDIÑO, por LIBRO DE FAMILIA; MARGARET WATTY, por MIA SARAH; MARTA ANTA, por DÍAS AZUIS
DIRECCIÓN ARTÍSTICA
CURRU GARABAL, por MIA SARAH; ENRIQUE FAYANÁS, por UN FRANCO, 14 PESETAS; MARTA VILLAR, por A CASA DE 1906; MIGUELANXO PRADO, por DE PROFUNDIS
MONTAXE
JULIA JUANATEY E MARISOL TORREIRO, por A VIDA POR DIANTE; LUISMA DEL VALLE, por UN FRANCO, 14 PESETAS; MARIO IGLESIAS, por DE BARES; MIGUELANXO PRADO, por DE PROFUNDIS; TOÑO LÓPEZ, por A CASA DE 1906
SON
CARLOS MOURIÑO E PABLO BEADE, por MIA SARAH; FRAN ARCAY, ALFONSO COUCEIRO e VÍCTOR SEIXO, por A VIDA POR DIANTE; NANI GARCÍA E JAVIER FERREIRO, por DE PROFUNDIS; CLAUDIO CANEDO e MARTIÑO LOIS , por A CASA DE 1906
GUIÓN
CARLOS IGLESIAS, por UN FRANCO, 14 PESETAS; MARIO IGLESIAS, por DE BARES; MIGUELANXO PRADO, por DE PROFUNDIS; XOSÉ MORAIS E SONIA BARROS, por A CASA DE 1906
BANDA SONORA
MARIO DE BENITO, por UN FRANCO, 14 PESETAS; MILLADOIRO, PABLO MILANÉS E MIGUEL NÚÑEZ, por SEMPRE HABANA; NANI GARCÍA, por DE PROFUNDIS; PITI SANZ, por PEPE O INGLÉS; SERGIO MOURE E STEPHEN WARBECK, por CARGO
DIRECCIÓN
CARLOS IGLESIAS, por UN FRANCO, 14 PESETAS; MARIO IGLESIAS, por DE BARES; MIGUELANXO PRADO, por DE PROFUNDIS; SONIA BARROS, por A CASA DE 1906
REALIZACIÓN
BEATRIZ DEL MONTE, por A CASA DE 1906; CARLOS SEDES E MANUEL A. ESPIÑEIRA, por A VIDA POR DIANTE; RUBÉN GARCÍA-LOUREDA DÍAZ, por HAI DEBATE; SENÉN BERNÁRDEZ, por ALALÁ
COMUNICADOR TV
MANOLO ROMÓN, por LIBRO ABERTO; MAYTE CABEZAS AMIGO, por A REVISTA FIN DE SEMANA ;PACO LODEIRO, por CIFRAS E LETRAS; PILAR GARCÍA REGO, por ALALÁ
INTERP. MASCULINA PROTAGONISTA
CARLOS IGLESIAS, por UN FRANCO, 14 PESETAS; DANIEL BRÜHL, por CARGO; EVARISTO CALVO, por A BIBLIOTECA DA IGUANA; LUIS TOSAR, por CARGO
INTERP. FEMININA PROTAGONISTA
BELÉN CONSTENLA, por A VIDA POR DIANTE; ISABEL BLANCO, por UN FRANCO, 14 PESETAS; MELA CASAL, por A VIDA POR DIANTE; NIEVE DE MEDINA, por UN FRANCO, 14 PESETAS
INTERP. MASCULINA SECUNDARIA
MIGUEL DE LIRA, por UN FRANCO, 14 PESETAS; ANTONIO DURÁN, MORRIS, por O PARTIDO; SANTI PREGO, por DE BARES; VÍCTOR MOSQUEIRA, por A VIDA POR DIANTE
INTERP. FEMININA SECUNDARIA
FELI MANZANO, por UN FRANCO, 14 PESETAS; MARÍA SALGUEIRO, por A VIDA POR DIANTE; MARTA LARRALDE, por DÍAS AZUIS; OLALLA SALGADO, por A VIDA POR DIANTE; ROSA ÁLVAREZ, por DE BARES
Este ano, e por vez primeira na A.G.A., creouse unha Comisión para velar polo cumprimento das Bases por parte de tódalas empresas que enviaron as súas candidaturas ó comezo do proceso. Esta Comisión estivo composta por: Montse Besada en representación do sector da produción; Ana Monteagudo por Dirección; Rivadulla Corcón polos Guionistas; Xosé Luís Bernal (Farruco) pol@s intérpretes; Ignacio Pardo Pedrosa, por Arte; Ignacio Benedetti por Promoción; Victorino Lourido por Fotografía; Piti Sanz por Música; José Alberto Suárez polo sector de son, e por Posprodución, Carlos López Ríos, profesionais todos eles membros da Academia Galega do Audiovisual. A Comisión foi quen de determiñar a aceptación das Canditaturas que cumprían os requisitos esixidos nas Bases que rexen estes Premios. Cómo foi o calendario das votacións: O proceso comezou o 1 de decembro pasado, coa apertura do prazo de envío de candidaturas por parte das empresas Produtoras, Escolas, Televisións e profesionais, prazo que rematou o día 2 de xaneiro deste ano. O 19 de Xaneiro, publicáronse as candidaturas aceptadas pola Comisión, e abríuse o prazo de alegacións –que rematou o 26 de xaneiro-, e foi o pasado 31 dese mes cando a Xunta Directiva remitíu ós/ás soci@s as listaxes das Candidaturas para que est@s votasen a catro finalistas en cadansúa categoría, tendo que remitir os sobres cos votos ó Notario antes do 16 de febreiro. Do resultado desas Votacións, que constitúen a primeira rolda, sairon os FINALISTAS que hoxe se deron a coñecer. … e agora só falta… Unha vez coñecidos os FINALISTAS de cada categoría, o vindeiro 26 de febreiro enviaranse de novo ós soci@s da Academia as papeletas cos nomes dos FINALISTAS para levar a cabo deste xeito, a segunda e derradeira rolda de votacións. O Notario deberá ter os votos emitidos antes do vindeiro 14 de Marzo, data tope para figurar mesmo no mataselos de Correos. Desta votación, sairán os/as gañador@s dos Premios, que coñeceremos na Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 06 que se celebrará no mes de abril. Lembrar por último que este ano, o índice de Empresas que presentaron candidaturas –producións e profesionais- para os Premios incrementouse nun 55% sobre a convocatoria do pasado ano, e nun 26 % o número de producións respecto do mesmo ano. |