Radio y Tele
 
Domingo, 05 Setembro 2010

MENU PRINCIPAL
PORTADA
Chat on Line
PUNTOS DE VISTA
Julio Padilla
Luis A. Lago Lage
Fidel Fernán
Angel Ceular Villace
 

NOVAS
Galicia
España
Resto do Mundo
Deporte Local
Futbol
Baloncesto
Voleibol Femenino
Futbol Sala
- - - - - - -
OUTRAS SECCIONS
Cultura
Deportes
Economía
Educación
Xente
Interese humano
Medio Ambiente
Musical
Política
Saúde
Sociedade
Tecnoloxía
Traballo
JP
LA



ASOCIADOS
Registrate





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

 Atópase en : PORTADA
TOURIÑO MOSTRASE SATISFEITO DO DESENLACE DA CRISE PROVOCADA POLO OSTEDIJK PDF Imprimir Correo-e
escrito por Redacción   
Sábado, 24 Febreiro 2007

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, salientou esta tarde o “adecuado e preciso” nivel de “coordinación” entre os Gobernos central e autonómico co que se desenvolveu todo o proceso para solucionar a situación xerada pola descomposición de parte da carga transportada polo buque holandés Ostedijk, así como o “elevado grao de transparencia” na información sobre os feitos, que fixo posible o traslado “de xeito recorrente e sistemático” da mesma á cidadanía. Así o expresou o máximo mandatario autonómico esta tarde na Torre de Control de Salvamento Marítimo da Coruña, onde mantivo unha reunión coa ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, para analizar a situación na que se atopan os traballos para solucionar o proceso de descomposición de parte dos fertilizantes transportados polo Ostedijk.

Tras dela, a ministra informou de que o proceso de descomposición está detido nun porcentaxe superior ao 95% polo que se dá practicamente por concluído o proceso de enfriamento da carga. Na rolda de prensa conxunta de ambos os dous mandatarios, Emilio Pérez Touriño avaliou como “moi positiva” esta información, dado que supón que o incidente provocado polo buque holandés está practicamente concluído. O xefe do Executivo sostivo que “sen dúbida” a xestión de todo o proceso foi realizada “cun nivel adecuado e preciso de coordinación” entre as dúas administracións. “Un nivel adecuado e preciso do traballo realizado, no que a administración autonómica o fixo a través do seu propio sistema, coordinado o seu traballo polo conselleiro da Presidencia e a participación das consellerías previstas de Medio Ambiente, de Pesca e de Política Territorial”, puntualizou. Xunto á coordinación o presidente salientou a transparencia informativa practicada en todo momento. “Este incidente caracterizouse polo elevado grao de transparencia. Información sen reservas, detallada, concisa, clara e nítida. Non nos reservamos nin gardamos nada. Cónstame que se trasladou de xeito recorrente e sistemático toda a información á cidadanía desde a responsabilidade da xestión do operativo de crise”, remarcou. Paralelamente, salientou que todas as decisións adoptadas polo equipo xestor da incidencia estiveron “baseadas e amparadas” por criterios técnicos, “cos expertos necesarios para cada caso e cada decisión”. “A posición do barco estivo en todo momento determinada polos elementos técnicos que a autoridade marítima en cada momento estimou necesarios: augas tranquilas e ventos favorables. E en función destes criterios técnicos o barco estivo onde tivo que estar, exactamente onde entendemos que tiña que estar”, subliñou. Na súa intervención, o presidente quixo facer un recoñecemento “ao traballo, á profesionalidade e á eficacia” de todos e cada un dos operativos que participaron no proceso de xestión e solución deste incidente, pois segundo expresou “cumpriron cunha grande eficacia, unha grande entrega e cunha grande profesionalidade”. “A miña felicitación a todos e cada un dos que achegaron o seu traballo e o seu saber”, sinalou. Finalmente, puxo en valor o feito de que a xestión de todo o proceso vivido nos últimos días foi posible rematala con eficacia grazas a que hoxe Galicia conta con máis medios e con máis recursos para protexer e salvagardar a seguridade marítima.

 
< Anterior   Seguinte >
Cache Directory Unwriteable
Servizos
O Tempo
Para hoxe
a

A ENQUISA
¿PENSA QUE GALICIA, DADA A SÚA SITUACIÓN, DEBERÍA TER A MESMA HORA QUE PORTUGAL?
 
SORTEOS
Loteria Nacional
Quiniela
Bonoloto
Gordo
Primitiva
Euromillones
Cupon Once
ZODIACO
Selecciona o teu signo e terás a predicción do teu horóscopo para hoxe
 
 
(C)2005 Radio y Tele .