Radio y Tele
 
Domingo, 05 Setembro 2010

MENU PRINCIPAL
PORTADA
Chat on Line
PUNTOS DE VISTA
Julio Padilla
Luis A. Lago Lage
Fidel Fernán
Angel Ceular Villace
 

NOVAS
Galicia
España
Resto do Mundo
Deporte Local
Futbol
Baloncesto
Voleibol Femenino
Futbol Sala
- - - - - - -
OUTRAS SECCIONS
Cultura
Deportes
Economía
Educación
Xente
Interese humano
Medio Ambiente
Musical
Política
Saúde
Sociedade
Tecnoloxía
Traballo
JP
LA



ASOCIADOS
Registrate





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

 Atópase en : PORTADA
MEDIO RURAL ORGANIZA UNHAS XORNADAS MICOLÓXICAS EN MONFORTE PDF Imprimir Correo-e
escrito por Redacción   
Mércores, 12 Decembro 2007
A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia – dependente da Consellaría do Medio Rural – organiza as “Xornadas sobre micoloxía, un recurso para o desenvolvemento rural”, que se celebrarán o vindeiro 15 de decembro, no Centro Comarcal de Terra de Lemos. Este encontro, de carácter transversal, trata de poñer en valor a produción de cogomelos en Galicia, tendo en conta aspectos sociais, culturais, económicos e ambientais, de xeito que se dea a coñecer a micoloxía como un recurso máis do monte e como unha aposta de futuro para o desenvolvemento de determinadas zonas rurais do País.
Ao longo destas xornadas ofrecerase unha visión global do mundo da micoloxía, un recurso pouco valorado socialmente en Galicia, debido ao descoñecemento desta actividade e dos beneficios socioeconómicos que pode reportar o seu aproveitamento. Deste xeito, nos encontros falarase sobre a produción micolóxica en Galicia, sobre a relación entre cogomelos e desenvolvemento rural e cogomelos e sociedade, ou sobre proxectos de investigación e innovación neste eido como o uso de árbores micorrizadas. No programa destacan tamén os espazos dedicados ao turismo micolóxico, á comercialización e á transformación dos cogomelos ou ao papel do mundo asociativo como un elemento de divulgación da micoloxía. Con esta xornada, a Sociedade de Desenvolvemento Comarcal de Galicia continúa o programa de actividades nos centros comarcais da provincia de Lugo que xa se iniciara con cursos de formación sobre asociacionismo, sobre agricultura ecolóxica e sobre a xestión forestal en Galiza. Os interesados en participar nas mesmas deberan poñerse en contacto co persoal do Centro Comarcal Terra de Lemos, situado en Monforte de Lemos, a través do teléfono 982 416 046 ou do correo electrónico Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver A participación é gratuíta pero as prazas son limitadas.
 
< Anterior   Seguinte >
Cache Directory Unwriteable
Servizos
O Tempo
Para hoxe
a

A ENQUISA
¿PENSA QUE GALICIA, DADA A SÚA SITUACIÓN, DEBERÍA TER A MESMA HORA QUE PORTUGAL?
 
SORTEOS
Loteria Nacional
Quiniela
Bonoloto
Gordo
Primitiva
Euromillones
Cupon Once
ZODIACO
Selecciona o teu signo e terás a predicción do teu horóscopo para hoxe
 
 
(C)2005 Radio y Tele .