Radio y Tele
 
Domingo, 05 Setembro 2010

MENU PRINCIPAL
PORTADA
Chat on Line
PUNTOS DE VISTA
Julio Padilla
Luis A. Lago Lage
Fidel Fernán
Angel Ceular Villace
 

NOVAS
Galicia
España
Resto do Mundo
Deporte Local
Futbol
Baloncesto
Voleibol Femenino
Futbol Sala
- - - - - - -
OUTRAS SECCIONS
Cultura
Deportes
Economía
Educación
Xente
Interese humano
Medio Ambiente
Musical
Política
Saúde
Sociedade
Tecnoloxía
Traballo
JP
LA



ASOCIADOS
Registrate





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

 Atópase en : PORTADA
TOURIÑO ASEGURA EN MÉXICO QUE GALICIA É "UN TERRITORIO ECONOMICAMENTE SEDUCTOR" PDF Imprimir Correo-e
escrito por Redacción   
Martes, 11 Decembro 2007
Emilio Pérez Touriño fixo hoxe un chamamento, no decurso dun xantar de traballo con preto de trescentos empresarios galegos e mexicanos, a potenciar as alianzas e os acordos de cara a implementar o crecemento e o desenvolvemento de México e de Galicia. “Os empresarios galegos consideran México como un país moi importante nas súas estratexias de expansión internacional”, considerou Touriño, quen amosou o seu convencemento de que estas alianzas favorecerán o desenvolvemento económico “deste país irmán”.
Por outra banda, o presidente da Xunta anunciou que no vindeiro mes de xaneiro, concretamente do 21 ao 25, Santiago de Compostela acollerá un encontro de empresarios galegos e doutros países. Así o avanzou durante o xantar mantido este mediodía na Cidade de México (noite en Galicia), con distinguidos empresarios galegos e mexicanos, aos que convidou a participar neste evento. “Quero que as miñas palabras lles sirvan como invitación para sumarse á construción deste novo escenario económico de Galicia”, aseverou ante o empresariado presente, lembrando que para isto contarán cun marco económico “estable” e con toda a política de apoio da Xunta, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que está a impulsar a cooperación e as alianzas entre empresarios galegos en áreas como Latinoamérica.

Galicia, “territorio economicamente sedutor”

Na súa intervención, Emilio Pérez Touriño explicou que Galicia é hoxe “un territorio economicamente sedutor”, cun forte atractivo da economía que se sustenta nun comportamento económico “moi favorable” nos últimos tempos. De feito, insistiu, a comunidade galega está a medrar a un ritmo sostido do 4,3 por cento por enriba do resto da economía española e europea. Un crecemento que, lembrou, se sustenta en sectores como a industria, a construción e os servizos. Xunto con isto, Pérez Touriño destacou o feito de que o investimento estea a medrar a un ritmo do 7 por cento, que nos últimos dous anos se teñan creado 13.500 novas empresas ou que as exportacións galegas medraran máis do 20 por cento na primeira metade deste ano, “o triplo do crecemento das exportacións españolas”, aseverou. “Estas cifras susténtanse nunha política económica que aposta, como lles dicía anteriormente, por apoiar as iniciativas empresariais e por crear as mellores condicións para que estas se vexan coroadas polo éxito, implementando políticas modernas que apostan polo coñecemento, a innovación e o capital humano como factores máis sólidos para garantir o éxito económico, factores –abondou Touriño-, aos que se une unha aposta pola concertación e o diálogo social que supón a mellor garantía para a estabilidade que as iniciativas empresariais requiren”. Na mesma liña, o xefe do Executivo galego referiuse ao impulso da cooperación como outro dos elementos estratéxicos da política do Goberno da Xunta, no convencemento, sinalou, “de que a capacidade de colaborar e crear sinerxías constitúe un factor fundamental para afrontar os desafíos dunha economía globalizada”.

Rede Mundial de Empresarios e Profesionais de Orixe Galega

 “Desde que asumín a Presidencia da Xunta resolvemos defender as grandes posibilidades económicas e empresariais que poden achegar a colaboración estreita entre os empresarios e profesionais galegos do mundo”, sostivo Touriño, lembrando que o pasado ano o Igape lanzou en internet o portal da Rede Mundial de Empresarios e Profesionais de Orixe Galega, na que actualmente xa están inscritos 350 empresarios dunha ducia de países. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a cooperación, as alianzas, os negocios ou os investimentos entre empresarios e profesionais de orixe galego, superando fronteiras e límites xeográficos coas novas posibilidades que nos dan as novas tecnoloxías. De feito, a rede facilita a detección de ofertas e demandas de servizos de carácter económico entre empresas e tamén entre empresas e profesionais de orixe galego. Ademais, pon ao alcance do usuario máis de 900 estudos de mercado elaborados polo Igape que corresponden a 41 países e publica máis de 1.000 oportunidades comerciais de 63 sectores de actividade en 27 países. Xunto con isto, o presidente galego remarcou que o Goberno que preside está a impulsar a creación de asociacións de empresarios de orixe galega en lugares onde aínda non existían e a promover un convenio marco de colaboración con asociacións e institucións empresariais para o fomento da cooperación entre empresarios de orixe galega en todo o mundo. Entre os obxectivos do acordo está a transferencia de información e documentación de forma telemática; a elaboración dun directorio de empresas creadas por empresarios galegos no exterior; a formación de capital humano, mediante especialización no comercio internacional de mozos titulados galegos de orixe; ou a celebración de polo menos un encontro anual entre o empresariado de Galicia e os empresarios galegos do exterior.
 
< Anterior   Seguinte >
Cache Directory Unwriteable
Servizos
O Tempo
Para hoxe
a

A ENQUISA
¿PENSA QUE GALICIA, DADA A SÚA SITUACIÓN, DEBERÍA TER A MESMA HORA QUE PORTUGAL?
 
SORTEOS
Loteria Nacional
Quiniela
Bonoloto
Gordo
Primitiva
Euromillones
Cupon Once
ZODIACO
Selecciona o teu signo e terás a predicción do teu horóscopo para hoxe
 
 
(C)2005 Radio y Tele .