Radio y Tele
 
Mércores, 08 Setembro 2010

MENU PRINCIPAL
PORTADA
Chat on Line
PUNTOS DE VISTA
Julio Padilla
Luis A. Lago Lage
Fidel Fernán
Angel Ceular Villace
 

NOVAS
Galicia
España
Resto do Mundo
Deporte Local
Futbol
Baloncesto
Voleibol Femenino
Futbol Sala
- - - - - - -
OUTRAS SECCIONS
Cultura
Deportes
Economía
Educación
Xente
Interese humano
Medio Ambiente
Musical
Política
Saúde
Sociedade
Tecnoloxía
Traballo
JP
LA



ASOCIADOS
Registrate





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

 Atópase en : PORTADA
A XUNTA INVESTIRÁ 9 MILLÓNS DE EUROS NUNHA NOVA SEDE PARA O CENTRO DE ATENCIÓN ÁS EMERXENCIAS 112 PDF Imprimir Correo-e
escrito por Redacción   
Martes, 11 Decembro 2007
A Xunta ten previsto investir nove millóns de euros na construcción dunha nova sede para o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia e na adquisición dunha plataforma tecnolóxica que permita incorporar a este número todos os demais números de emerxencias, sen prexuízo que cada organismo que intervén na xestión de emerxencias siga existindo como tal e se siga funcionando do mesmo xeito. Así o anunciou hoxe a directora xeral de Protección Civil, Esther González Saavedra, que compareceu no Parlamento para informar sobre o desenvolvemento la Lei de Emerxencias de Galicia.
Segundo explicou, se ben a intención do seu departamento é que o 112 sexa o único teléfono de emerxencias –de acordo coa directiva europea correspondente-, en Galicia non existe unha única plataforma que vertebre en torno a ese número todas as emerxencias: “A plataforma tecnolóxica que estamos plantexando pretende aunar as aplicacións das demais axencias que xestionan emerxencias para facilitar que ao final o número 112 sexa a pasarela necesaria para os cidadáns que chamen”, indicou, engadindo que se empezará a construción do novo edificio o próximo ano e confiou en que estea rematado en 2009. A directora sinalou que a evolución de chamadas recibidas no 112 de Galicia vai de 450.000 en 1998 a 2.200.000 a día de hoxe; e que as incidencias atendidas pasaron de menos de 20.000 incidencias o primeiro ano a 180.000 na actualidade.

Lei de Emerxencias

González Saavedra lembrou que ata a promulgación da Lei de Emerxencias en Galicia existía só un decreto que refundía a normativa ata o momento e regulaba exclusivamente o Plan Territorial de Galicia (PLATERGA), as agrupacións de voluntarios e os órganos de Protección Civil, pero sen basear esta no persoal profesional. Polo tanto, a Lei de Emerxencias regula por primeira vez a xestión integrada de emerxencias, os dereitos e deberes dos cidadáns, as competencias de todas as administracións, a creación da Axencia Galega de Emerxencias (AXGE), o restablecemento de servizos esenciais ante unha situación de catástrofe, o persoal profesional, a autoprotección –con especial referencia á escolar- e o réxime sancionador para aqueles supostos de non cumprimento da lei. Os obxectivos desta norma, explicou, son a xestión de riscos, de emerxencias e de formación. A primeira delas refírese á identificación e á análise de xeito permanente dos riscos, a prevención dos riscos existentes e á planificación da acción pública e privada en situacións de risco. Segundo dixo, a Protección Civil baséase en cinco piares fundamentais: “previsión, prevención, planificación, intervención e rehabilitación”, xa que “a pesar de que un coñeza cales son os riscos, e a pesar de telos avaliados, é posible que as emerxencias se produzan, as veces carácter ordinario e outras extraordinario”. Por isto, prevese a través da Lei como se van canalizar as incidencias a través do 112, a través do cal xestionarase os medios e os recursos dispoñibles a través de protocolos específicos e a xestión da rehabilitación mediante restauración dos servizos esenciais: “Todo este sistema ten que ser un sistema de retroalimentación para acadar ao final que o risco ao que sexa sometida a poboación sexa cada vez menor”.

Estrutura administrativa

A Lei de Emerxencias tamén regula as competencias e responsabilidades de cada un dos organismos que interveñen: Xunta, deputacións provinciais, concellos e entidades supramunicipais. Así, á Xunta correspóndelle a superior coordinación e dirección de Protección Civil, a xestión de servizos que se deben prestar de xeito unitario en todo o territorio e as emerxencias de interese galego –dirixidas directamente polo presidente, cunha afectación tan importante do territorio que obriga a poñer a todos os medios a disposición para intentar atallar a situación-. As deputacións, pola súa banda, teñen obrigas que non se diferencian grandemente das recollidas na Lei de Bases de Réxime Local, que son a prestación do servizo de atención ás emerxencias nos concellos que non teñen a obriga de posuír servizos propios -caso dos municipios de menos de 20.000 habitantes-. Os concellos e entidades supramunicipais teñen a obriga de crear un servizo de Protección Civil nas localidades de máis 20.000 habitantes. Segundo explicou a directora xeral, a Lei recolle por primeira vez ao persoal profesional e voluntario, que ten que funcionar baixo mando operativo único profesional dentro dos grupos operativos que se formarán ante a xestión dunha determinada emerxencia.

Axencia Galega de Emerxencias

González Saavedra fixo tamén referencia á Axencia Galega de Emerxencias (AXGE), da que subliñou que non é un órgano de planificación, nin activa o plan de Protección Civil –competencia que segue estando reservada á Dirección Xeral-, pero xestiona a emerxencia, coñece o risco e axuda á desenvolvemento do proceso. Os membros do seu Consello Reitor son o presidente –conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza-; o vicepresidente –directora xeral de Protección Civil-, un xerente, un secretario xeral e 16 vogalías. As súas funcións son xestionar o centro de emerxencias 112, xestionar os helicópteros de emerxencias, avaliar os riscos para realizar o mapa de riscos, desenvolver programas de sensibilización que contribúan á mellora da resposta diante de riscos, levar a cabo os estudos necesarios para elaborar o PLATERGA e os plans especiais, poñer os medios para a atención das emerxencias e fomentar o voluntariado de Protección Civil. A directora recordou que os medios que debe xestionar na Comunidade Autónoma non son propios, senón alleos, como teñen sido ao longo de todo este tempo, xa que os parques de bombeiros teñen entidade xurídica propia. Segundo afirmou, a AXGE plantéxase en tres niveles de funcionamento: o nivel local -cando a emerxencia afecta só a un concello e os seus medios son suficientes, polo que a Axencia limitarase a cualificar o risco, mobilizar os medios, facer seguemento e pechar a incidencia-; o nivel superior ao local –a AXGE mobilizará medios, solicitará da autoridade correspondente a aplicación do plan que corresponda e seguirá as instrucións do director do Plan; e o de emerxencias de interese galego -a AXGE xestionará a emerxencia baixo a dirección do presidente da Xunta, asistido por un gabinete de crise de membros do Consello da Xunta-.

Plans de emerxencia

Doutra banda, González Saavedra declarou que ata o ano 2005 fixéronse só 9 plans de emerxencia municipal (PEMU), e que na actualidade hai 60 elaborándose. Así mesmo, nos anos 2006 e 2007 leváronse para a súa homologación na Comisión Galega de Protección Civil 14 destes plans. Neste sentido, asegurou que a Dirección Xeral promove a elaboración destes PEMUs, xa que ningún concello pode recibir subvencións para a realización de investimentos naqueles casos en que non teña xa nunha fase razoablemente avanzada a súa elaboración. Ademais, explicou que tamén se teñen variado as subvencións para os concellos no sentido en que agora a Xunta non lles compra directamente o equipamento, senón que deixa decidir aos concellos que necesitan na maioría das ordes. “Non só subvencionamos a elaboración dos PEMUs, senón que a partir de xaneiro entregaremos unha cartografía 1/5000 homoxénea para todos os concellos para que poidan situar sobre ela aqueles elementos de riscos que nos permitan incorporar ao noso propio sistema informático de xestión de emerxencias”, declarou, engadindo que o pasado ano se achegaron 11 millóns de euros para investimentos de material de Protección Civil, gastos dos servizos municipais neste eido e cesión en propiedade de vehículos e material de emerxencias. Así mesmo, se subvencionaron 140 vehículos para todos os concellos de menos de 20.000 habitantes que o solicitaron e 151 agrupacións de voluntarios, o total das que o solicitaron e cumprían cos requisitos. A directora fixo referencia tamén aos plans de emerxencia especial, aqueles que por razón da súa complexidade é preciso tratar dun xeito especial en función do tipo de actividade. Neles están o sector industrial, químico, de incendios forestais, de transporte de mercadorías perigosas, o Plan Sísmico, o de inundacións, o de temporais, o Plan de Salvamento en Praias (SAPRAGA), o plan de Nevadas (NEGA), o Plan Seca e o Plan de Atención a Peregrinos (PAP). O desenvolvemento da Lei de Emerxencias obriga tamén a actualizar o catálogo de medios e recursos; a crear un Estatuto do bombeiro profesional e voluntario; e a que existan un decreto de formación dos bombeiros, un decreto de autoprotección e un decreto sobre axudas para necesidades derivadas de situacións emerxencia ou de natureza catastrófica, así como un Plan director de servizos contraincendios e salvamento.

Consorcios provinciais

A directora explicou que se van crear catro consorcios provinciais para dar prestacións na xestión de emerxencias e ter unhas condicións de traballo homoxéneas en todo o territorio. Neles participarán as deputacións e os concellos de máis de 20.000 habitantes: “Temos intención de construír 10 novos parques no marco destes consorcios, e crearemos como segunda fase os parques auxiliares para a cobertura do territorio non cuberto polos parques de bombeiros”, asegurou, indicando que agarda consensuar coas deputacións a construción inmediata deles. “Na Coruña existe xa un consorcio provincial, só debemos cambiar a estrutura para que cada un dos parques comarcais que agora existen vaian rematando a concesión correspondente e se poidan ir integrando como persoal laboral do consorcio eses grupos de traballadores que neste momento pertencen a empresas privadas”, sinalou, marcando un máximo de tres anos para o remate destas concesións. En Lugo, dixo, o conselleiro de Presidencia e o presidente da Deputación chegaron ao acordo da constitución inmediata do consorcio e a construción de cinco parques de bombeiros -un deles a posta en funcionamento do de Barreiros-, que estarán plenamente operativos en 2009. “Coa Deputación de Ourense espero que non haxa maior problema, estase avanzando nesa decisión”, declarou González Saavedra, e sobre a Deputación de Pontevedra lamentou que aínda non teña respondido sobre o proxecto de consorcio que se lle enviou o pasado mes de agosto: “Ten un prazo de tres anos, polo tanto dentro da Lei ten esa posibilidade, pero espero que antes se incorpore como o resto a un deseño que permite unha prestación homoxénea”. A directora considerou que durante moitos anos a Protección Civil se fixo “en base ao voluntarismo”. “O que tiñamos ata agora non era un sistema que puidera funcionar, non só polo sistema de subvencións senón porque durante 15 anos todo o que se fixo en relación á Protección Civil foi fume”, asegurou, engadindo que “non hai ningún instrumento do que agora poidamos botar man, nin sequera estudios ben feitos”. Neste sentido, asegurou que a Lei de Emerxencias vai permitir cambiar de xeito que nun prazo duns anos “probablemente nos incorporemos como o resto do territorio de España a unha xestión de emerxencias e uns medios que nos permitan acadar os obxectivos previstos de seguridade do cidadán, de servizo público esencial e de homoxeneización e homologación do sistema”.
 
< Anterior   Seguinte >
Cache Directory Unwriteable
Servizos
O Tempo
Para hoxe
a

A ENQUISA
¿PENSA QUE GALICIA, DADA A SÚA SITUACIÓN, DEBERÍA TER A MESMA HORA QUE PORTUGAL?
 
SORTEOS
Loteria Nacional
Quiniela
Bonoloto
Gordo
Primitiva
Euromillones
Cupon Once
ZODIACO
Selecciona o teu signo e terás a predicción do teu horóscopo para hoxe
 
 
(C)2005 Radio y Tele .