Radio y Tele
 
Domingo, 05 Setembro 2010

MENU PRINCIPAL
PORTADA
Chat on Line
PUNTOS DE VISTA
Julio Padilla
Luis A. Lago Lage
Fidel Fernán
Angel Ceular Villace
 

NOVAS
Galicia
España
Resto do Mundo
Deporte Local
Futbol
Baloncesto
Voleibol Femenino
Futbol Sala
- - - - - - -
OUTRAS SECCIONS
Cultura
Deportes
Economía
Educación
Xente
Interese humano
Medio Ambiente
Musical
Política
Saúde
Sociedade
Tecnoloxía
Traballo
JP
LA



ASOCIADOS
Registrate





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

 Atópase en : PORTADA arrow Angel Ceular Villace
Angel Ceular Villace
Unha espada de Damocles sobre a Humanidade PDF Imprimir Correo-e
escrito por Redacción   
Xoves, 30 Agosto 2007
Hoxe en día calquera persoa incluíu no seu vocabulario a denominación dalgunhas enfermidades que hai unhas poucas décadas eran descoñecidas ata para os máis destacados científicos. Os termos sida, encefalopatía esponxiforme, síndrome respiratoria aguda severa, gripe aviar e ébola son uns poucos exemplos destas patoloxías. Os medios de comunicación contribúen á rápida propagación destes termos ao levar ás súas primeiras planas calquera información sobre a aparición dunha enfermidade emerxente. Evidentemente estas noticias "venden" xa que a poboación cada día é máis susceptible a una nova que poida influír sobre a súa saúde. De tódolos xeitos, os países do "primeiro mundo" únicamente preocupanse de enfermidades que poidan chegar a afectar os seus cidadáns. Se aparece unha enfermidade no terceiro mundo que se circunscribe a estas zonas e non aparenta risco para o mundo desenvolvido esta información non ocupa titulares no caso de que chegue a ser publicada. Hoxe en día, debido á globalización, unha enfermidade pode traspasar fronteiras con maior rapidez que a información sobre a súa aparición. Anualmente as liñas aéreas transportan dous mil millóns de viaxeiros. Ademais, cada ano que pasa hai un maior número de turistas que se aventuran a pasar as súas vacacións en países remotos e poderían actuar como vectores para a propagación de enfermidades emerxentes causantes de graves patoloxías. Outro risco nada desdeñable vén da man do transporte ilegal de especies de animais salvaxes que se venden como animais domésticos e que poderían ser portadores de graves enfermidades. En 1989 un grupo de 100 macacos foron importados en Reston, Virginia, e estaban infectados polo virus do Ebola (o nome vén do río Ebola de la República Democrática do Congo onde se illou o virus en 1976). Por sorte a cepa que portaban unicamente era patóxena para os simios e non se transmitiu ao ser humano. Se estudamos as noticias aparecidas sobre a gripe aviar poderemos observar a falta de cooperación inicial de países como China ou Indonesia. A humanidade debe protexerse, e unicamente poderemos evitar unha epidemia de graves consecuencias se establecese unha alta cooperación entre os gobernos de todolos países do mundo (principalmente os máis desenvolvidos) e unha coordinación rápida e eficaz entre os seus científicos.
 
VOLVE O VERÁN, VOLVE O ABANDONO PDF Imprimir Correo-e
escrito por Redacción   
Martes, 03 Xullo 2007
Outra vez comezamos un novo verán. Para a inmensa maioría dos mortais estas datas representan un descanso merecido tras un longo inverno de traballo. Un descanso acompañados de todos os nosos seres queridos. Cando escribo de seres queridos non só quero incluír as persoas que nos rodean, senón a todos os seres do noso ámbito que nos rodean e permítennos unha mellor calidade de vida. Evidentemente, entre os seres queridos inclúo os nosos animais e plantas que, como todo o mundo sabe, son seres sensibles. Esta sensibilidade transfórmase en dor cando padecen fame, sede ou malos tratos como o abandono. Nestas datas un pequeno grupo (grazas a Deus) de desaprehensivos, deixan nas súas casas ás plantas que lle rodearon o resto do ano, sen máis coidado que un rego excesivo antes de saír de casa, esperando que este encharque sexa suficiente como para mantelas vivas durante a época estival. Xeralmente, á súa volta, atopan as plantas secas ou ao bordo da morte. Outro grupo de salvaxes abandonan aos seus cans ou gatos nun descampado ou na proximidade dunha gasolineira. Os animais abandonados atópanse fóra do seu ámbito. Poden cruzar a estrada causando accidentes mortais a outras familias que non teñen ningunha culpa da acción destes desalmados. Cando non son atropelados, na maioría dos casos, morren de fame e/ou sede xa que, ao verse sos e sen protección, non se atreven a achegarse a outros seres humanos. Estes sinvergüenzas son, nalgúns casos, os que abandonan tamén nas gasolineiras aos seus pais ou sogros moi maiores, e en que en ocasións padecen enfermidades que requiren coidados, para poder gozar do seu tempo libre sen preocupacións. Cuadrilla de salvaxes... Parece ser que coa calor lles amolecen os miolos a estes impresentables.
 
OS LIXOS COMO ARMA DE DESTRUCIÓN DO ECOSISTEMA PDF Imprimir Correo-e
escrito por Redacción   
Sábado, 14 Abril 2007
O acumulo de lixo ademais de converter as cunetas das estradas, os bosques, os ríos e o mar nun vertedeiro comprometen os ecosistemas. Non é difícil observar o incremento de raposos que hai no noso medio rural. Este crecemento da poboación non ven aparellado co aumento do censo de coellos e perdices, moi ao contrario, é debido na maioría das ocasions ós vertedeiros de lixo clandestinos que son espazos onde lles é doado atopar alimento. En Ourense, no río Miño, dende os anos oitenta podemos atopar grandes colonias de gaivota clara (Larus argentatus) que remontan dende as zonas costeiras, alimentándose nos vertedoiros incontrolados e que alteran o a biodiversidade do río e as súas marxes. Nos nosos mares, a presenza de plásticos ocasiona a morte de peixes, tartarugas, mamíferos e aves mariñas. Como un exemplo, os aros plásticos empregados para suxeitar as latas de bebida actúan como cepo nas gargantas de aves mergulladoras provocando nelas unha morte lenta e agónica por asfixia ou inanición. A presenza de bolsas de plástico no océano aparentan ser augamares sendo inxeridas polas tartarugas mariñas e ao non poder ser eliminadas dos seus estómagos producen a súa morte pola imposibilidade de alimentarse ou por indixestión. A solución atopámola na lóxica e a ecoloxía. Se imos ó campo ou á praia non debemos esquecer recoller todo aquelo que non estaba alí cando chegamos e unha boa medida sería recoller calquera lixo que atopemos (redes, fíos de nailon, botellas, argolas, tapas, cueiros desbotables, bolsas...). Se tiramos ó lixo algunha bolsa evitemos depositala en cubos sen tapa e que poida ser o seu contido expelido ó exterior xa sexa polo vento ou os animais. Non esquezamos que debemos desfacernos do lixo de xeito selectivo. Todas estas medidas, e moitas máis que calquera de vostedes pode coñecer, si as levamos a cabo servirán para reciclar os lixos e o mismo tempo evitarán mortes dolorosas á fauna silvestre.
 
LIMPEZA E BELEZA SEN DANAR ÓS ANIMAIS PDF Imprimir Correo-e
escrito por Redacción   
Luns, 12 Marzo 2007
Cada día en prensa e televisión poden ser vistos anuncios de barras de labios, perfumes, cosméticos, produtos de limpeza,... etc. cunha indubidable calidade plástica. Estes anuncios nunca indican a descrición dos danos que moitos deles causan a miles de animais de laboratorio que son mutilados e lesionados na maioría das ocasións sen xustificación. Un dos experimentos máis comunmente realizado é a proba Draize que consiste en aplicar nos ollos dos animais de experimentación diferentes produtos (xampú anticaspa, laca de uñas, maquillaxe, ...) durante un período de tres a vinte e un días, o que lles causa unha dor insoportable e en moitas ocasións úlceras sangrantes. Outro exemplo é o uso do 50% da dose letal, nestes experimentos fáiseos inxerir aos animais o produto obxecto de estudio (moitas veces produtos de limpeza) para observar as reaccións que se producen (convulsións, diarreas, prurito,...) ata que o 50% dos animais de experimentación morren. Só por citar outro dos experimentos comúns consiste en afeitar a pel do animal de experimentación e aplicarlle o produto a investigar causando irritacións, úlceras, inflamacións, ... etc. Estes experimentos utilízanse para minimizar a responsabilidade das empresas en caso de denuncia por parte dos seus clientes en caso de accidentes domésticos. Hai cantidade de empresas coñecidas que continúan con estas experimentacións (Gilette, Colgate, Licor do Polo...) mentres que outras, máis concienciadas, se comprometeron a non experimentar con animais (Avon, Chanel, Weleda...). Pode ver un resumo das empresas segundo experimenten ou non con animais en http://www.liberaong.org/images/productos.pdf Na actualidade estase a intentar que cada vez máis empresas utilicen alternativas á experimentación con animais e hai unha campaña de recollida de sinaturas para modificar a Directiva 86/609/CE respecto á protección dos animais utilizados para experimentación e outros fins científicos que ten máis de 20 anos. Se quere participar na devandita campaña pode facelo na páxina http://www.altarriba.org/ Calquera persoa de ben debe loitar por evitar o sufrimento dos mais débiles sen importar a especie ou raza a que pertenzan.
 
O BENESTAR ANIMAL É UNHA ARMA CARGADA DE FUTURO... PDF Imprimir Correo-e
escrito por Redacción   
Sábado, 10 Febreiro 2007
O maltrato aos animais domésticos, en ocasións con tal asañamento que chega a causar a súa morte. Ata hoxe a sanción máxima que se incoou por maltrato aos animais domésticos na Nosa Comunidade ascende a 6.000 € e foille imposta ao veciño de Ribeira Juan Lado. As arrepiantes imaxes dos devanditos malos tratos foron captadas en cámara de vídeo polo veterinario Federico Real deron a volta ao mundo. Noutras Comunidades como Cataluña ou Madrid contémplase a inhabilitación de posesión de animais entre 5 e 10 anos respectivamente e este indesexable maltratador non podería repetir os seus actos durante algún tempo. O pasado 26 de xaneiro de 2005 o Goberno aprobou remitir ás Cortes o proxecto de lei de protección dos animais de producción e dos utilizados para experimentación e outros fins científicos. O devandito proxecto de lei inicialmente, e segundo información publicada na web da Moncloa (http://www.la-moncloa.es), afectará tamén ao maltrato, abandono ou utilización dos animais de compañía en pelexas establecendo sancións a particulares e empresas que poden chegar a unha contía de 100.000 €. Estamos a ver a redacción final de esta lei pero asemella que non deixa de ser unha parche xa que as 17 Comunidades Autónomas do noso país teñen diferentes leis autonómicas que fan que un mesmo feito poida ser considerado nun punto do territorio español como falta e noutro como delito. Sería necesaria unha lei de ámbito nacional que fixase unhas sancións máis estrictas e que unificase as cualificacións legais. Ademais estou de acordo co fiscal coordinador de Medio e Urbanismo, Antonio Vercher, en que tamén habería que multar aos que mediante a súa asistencia fan posible a celebración de espectáculos nos que se maltrate ou se de morte a animais domésticos e en que estas conductas deberían estar penalizadas. Un punto que non parece vaia ser abordado pola futura lei é o relativo ao sacrificio de animais conforme aos rituais relixiosos xudeus e musulmáns que esixen dar morte os animais sen previo atordamento. ¿Sería lóxico permitir a ablación de clítoris por motivos relixiosos, tradicionais ou de respecto coas tradicións de determinados pobos ou países?. Ademais a lei debía contemplar a permisividade con espectáculos ou festexos considerados tradicións ou costumes do noso país e que non deixan de ser ritos sanguentos ou que provocan elevado sufrimento ao animal como o touro de Coria, os touros ensogados, a matanza de touros alanceados, botar cabras ou pavos dende os campanarios... etc. Cada vez somos máis os seres humanos que nos comprometemos coa loita por un trato digno aos animais. O futuro dos políticos está na nosa man e eles, como membros da nosa sociedade, sábeno. Parafraseando a Gabriel Celaya o benestar dos animais é unha arma cargada de futuro...
 
Servizos
O Tempo
Para hoxe
a

A ENQUISA
¿PENSA QUE GALICIA, DADA A SÚA SITUACIÓN, DEBERÍA TER A MESMA HORA QUE PORTUGAL?
 
SORTEOS
Loteria Nacional
Quiniela
Bonoloto
Gordo
Primitiva
Euromillones
Cupon Once
ZODIACO
Selecciona o teu signo e terás a predicción do teu horóscopo para hoxe
 
 
(C)2005 Radio y Tele .