|
|
Puntos de Vista Fidel Fernán |
|
|
Atópase en :
PORTADA Fidel Fernán |
Fidel Fernán
|
escrito por Redacción
|
|
Luns, 24 Setembro 2007 |
|
Os mortos de cada fin de semana, e de todolos días nas estradas, son mortos de todos. Cada familia sinte a dor propia da fin inesperada dunha vida próxima que se perde, pero cada cidadán responsable ten que sentir esas mortes como propias, xa que ningún usuario das vías públicas, automovilistas, motoristas, ciclistas, peóns, está libre de sofrir un accidente. Os luns de cada semana almorzamos cos datos de perdas de vidas nas estradas dende o sábado ao domingo a última hora e son realmente preocupantes. Esta fin de semana, sen ir maís lonxe, 28 mortos, deles 8 eran motoristas, total10 maís que o ano pasado. É certo que, cada vez hai maís vehículos e que isto axuda a inflar as estadísticas, pero tamén é innegable a mellora das estradas nos últimos anos, polo que non se lles pode atribuir toda a responsabilidade ao seu mellor ou peor estado. Por outra banda o carnet por puntos parece que pouco fai como medidada disuasoria. Os que facemos traxectos a diario temos posiblemente unha percepción da realidade que debe porse enriba da mesa á hora de analizar o problema. Persoalmente son testemuña de cantidade de barbaridades que se cometen, afortunadamente sen resultado fatal. Cito algunhas: adiantar en liña contínua, pisar esa mesma liña contínua nas curvas (se o que ven de fronte fai o mesmo o accidente é inevitable), velocidades de vértigo en zonas de alto risco, xente falando por teléfono polo que conduce cunha soa man e vai distraida, coches pegados un o outro sen manter a distancia de seguridade, etc. Ante este cúmulo de despropósitos poida que o mellor é facer unha campaña de vigilancia máis seria e que a Garda Civil se concentre nestes aspectos e que deixe de amolar con cousas como a primeira multa que tiven que pagar en maís de 20 anos. ¿Saben por qué?. Levaba, por despiste, un día con carnet sen renovar: 150 €. |
|
|
escrito por Redacción
|
|
Martes, 28 Agosto 2007 |
Conforme van pasando os anos decátase ún do efímero que é este tránsito cando ve como moitas persoas, que tivo ocasión de coñecer na súa vida profesional, van marchando cara a ese mundo da nada que o único que deixa de pouso, no mellor dos casos, é o recordo na memoria dos que non a perden fácilmente. Emma Penella foi unha actriz correcta, pero de segunda na escéa, ainda que de primeira nas súas relacions persoais. Presentáronma hai máis de trinta anos e, recordo, que andaba eu tan preocupado por iso de non gañar quilos, que non puiden evitar falar do milagreiro “réxime dos astronautas” (cero hidratos de carbono); aquelo foi unha chamada ó interese de Emma que non descansou ate que lle proporcionei a famosa lista dos alimentos que se podían tomar e os que non, para lograr a milagre de perder os dez quilos que todos,daquela, e pode que agora tamén, queríamos deixar sen contabilizar pola báscula. Lembro ainda as súas chamadas agradecéndome a receita que fixera, tamén nela, o efeito desexado. Boa muller Emma á que recordo como alguén que nunca me falou mal de ninguén. A Paco Umbral presentoúme unha vez en Bocaccio, outro que xa non está entre nós, José Luis Coll. A primeira impresión que me deu foi de tanta distancia que andaba eu buscando unha disculpa rápida para erguerme daquela mesa na que non pegaba nin con cola. Sen embargo, aquela distancia era puramente escénica, Paco muy pronto me preguntou que opinaba sobre a dobre sesión que entón había nos teatros de Madrid e cando lle dicen que era unha barbaridade ao meu entender, fixemos méritos dabondo para compartir algún güisqui demáis. Un tio interesante Paco Umbral, incluso nas distancias cortas. Tamén o lembrarei. |
|
|
escrito por Redacción
|
|
Luns, 28 Maio 2007 |
|
Pasada a sorpresa inicial, si é que a houbo, agora é tempo de iniciar reflexións, de non enganarse con iso tan dado na clase política, tras calquer resultado electoral, de dicir que "hemos ganado en....". O certo é que o PP levanta cabeza a nivel estatal, reforza a súa hexemonía en Madrid e Valencia e leva un golpe mui duro en Galicia, onde non gobernará ningunha das sete capitais e en muy poucas poboacions importantes, perde a Deputación de Lugo e gaña no último minuto do partido a de Pontevedra que tivo perdida ao longo do reconto de votos. Agora, é o momento de reflexionar e preguntarse, por exemplo: ¿Quén gañou as Municipais 2007?. En número de votos o PP e en posibilidades de goberno, cos pactos que se agardan, o PSOE. ¿Son estes resultados extrapolables totalmente a unhas xerais?. ¿En qué se equivocou ZP para recibir o repaso recibido en Madrid?. ¿Foi a crítica á política antiterrorista do PP a que lle deu más réditos?. ¿Tras os resultados das Municipais, adiantará Zapatero a convocatoria de Eleccions Xerais?. Posiblemente asistamos a un cambio radical de estratexias políticas. Quedou demostrado que algunhas novedosas funcionan, e si son rendibles para uns... . Ah, xa me esquecía, en Galicia Terra Galega, formación de novo cuño, ten a chave de varios gobernos municipais e mesmo pode gobernar en algúns concellos. ¿Estamos ante a aparición da cuarta formación política de Galicia con poder de bisagra?.
Fidel Fernán |
|
|
escrito por Redacción
|
|
Xoves, 01 Marzo 2007 |
|
O encontro de Copa do Rei entre o Betis e o Sevilla, onde o adestrador de este último foi brutalmente agredido por un espectador, pon de manifesto o estado de crispación no que se atopa a sociedade española. Hai que ser un fanático descerebrado para, levado pola “paixón” do fútbol lanzar unha botella contra Juande Ramos porque o seu equipo viña de marcar un gol o “seu Betis da alma”. Agora, todos se dedican a buscar ao culpable para darlle un castigo ejemplar, e paréceme mui ben, hai que atallar comportamentos de este tipo se non queremos que unha minoría de incontrolados creen situacions de alarma como a vivida onte en Sevilla. Pero non podemos deternos só ahí, hai moitos máis culpables. Son culpables os impresentables Sres. Del Nido e Ruiz de Lopera, para os que desde aquí pido un castigo ejemplar por dedicarse a sementar de “odio” os prolégomenos do partido. A inhabilitación para ejercicio de cargo público sería o xusto. E tamén unha última relexión que deixo para vostedes. ¿Non consieran que a crispación política, en moitos casos pouco fundamentada e que agocha intereses exclusivamente de aritmética parlamentaria de futuro, é o mellor caldo de cultivo para que algúns pouco iluminados entendan que con violencia verbal ou físca é como se consiguen os obxetivos?. O espectador do encontro, supostamente bético, non deixa de ser unha vítima do sistema que nos estamos dando. |
|
|
escrito por Redacción
|
|
Luns, 19 Febreiro 2007 |
|
Imos ver si son capaz de espoñer con claridade o seguinte: Galicia é, por situción xeográfica, paso obrigado, ruta marítima, corredor ou (Autopista), para 16 barcos que pasan diariamente ou polas nosas augas ou mui perto delas, poñendo en risco a nosa seguridade, mais ou menos o 70 % do tráfico mundial de petróleo e mercancías perigosas do mundo. Algúns inxénuos pensaran que tras o Prestige non teríamos situacions límite como a vivida entón. Sen dúbida eses inxénuos non teñen presente os datos estadísticos que son os únicos que sempre contan a verdade: se pasan 16 barcos perigosos diarios, algúns deles en situación precaria de conservación porque os intereses ecnómicos poden con todo, o normal é que de vez en cando, e decir cada tres, catro anos, teña problemas e levemos un susto. Esto é xustamente o que está pasando agora co Ostodijk (asústame a facilidade que temos os galegos para aprender nomes como Erkowik, Casón e Prestige). O barco holandés parece ser que non estaba en condicions de facer esa travesía con seguridade e agora os galegos comémonos unha vez máis o marrón. E o peor de todo é que o Gabinete de Crise, ainda que con total vontade o intenta, non é capaz de transmitir con claridade que vai facer co barco, si alonxalo da costa ou metelo na ría de Viveiro. Se non fora porque Touriño non foi a unha cacería a Madrid a cosultarlle a Fefé que era o portuno facer, salvando as distancias, hai cousas que me empezan a repetir nesta difícil dixestión. |
|
| |
|
|
|
Servizos
|
|
O Tempo |
Para hoxe  |
| |