|
escrito por Redacción
|
|
Mércores, 12 Decembro 2007 |
|
José Blanco, Secretario de Organización e Coordinación da CEF, dará unha conferencia mañá en Lugo, as oito do serán na Casa Sindical de Lugo, e o venres estará en Ferrol, Fene e Arzúa. Na conferencia o acompañarán Ricardo Varela, Conselleiro de Traballo, José López Orozco, alcalde da cidade, e José Ramón Gómez Besteiro, Presidente da Deputación Provincial. |
|
|
escrito por Redacción
|
|
Mércores, 12 Decembro 2007 |
A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia – dependente da Consellaría do Medio Rural – organiza as “Xornadas sobre micoloxía, un recurso para o desenvolvemento rural”, que se celebrarán o vindeiro 15 de decembro, no Centro Comarcal de Terra de Lemos. Este encontro, de carácter transversal, trata de poñer en valor a produción de cogomelos en Galicia, tendo en conta aspectos sociais, culturais, económicos e ambientais, de xeito que se dea a coñecer a micoloxía como un recurso máis do monte e como unha aposta de futuro para o desenvolvemento de determinadas zonas rurais do País. |
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por Redacción
|
|
Martes, 11 Decembro 2007 |
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o máximo mandatario dos Estados Unidos Mexicanos, Felipe Calderón coincidiron en destacar a posición “estratéxica” que ten a comunidade galega como ponte entre Iberoamérica e a Unión Europea. Así o subliñaron durante o encontro mantivo onte pola noite (madrugada en Galicia) na residencia oficial de Los Pinos, que, segundo resaltou Pérez Touriño, se desenvolveu nun clima “construtivo, afable e cordial”, seguindo a “tradicional hospitalidade de México co noso país”, aseverou. No encontro posterior cos medios de comunicación, o presidente da Xunta explicou que no encontro, o primeiro que o presidente Calderón mantén cun mandatario autonómico, ambos tiveron a oportunidade de abordar a relación estratéxica de España con México, relación na que, sinalou, Galicia “aspira e quere xogar un papel relevante”.
. |
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por Redacción
|
|
Martes, 11 Decembro 2007 |
Emilio Pérez Touriño fixo hoxe un chamamento, no decurso dun xantar de traballo con preto de trescentos empresarios galegos e mexicanos, a potenciar as alianzas e os acordos de cara a implementar o crecemento e o desenvolvemento de México e de Galicia. “Os empresarios galegos consideran México como un país moi importante nas súas estratexias de expansión internacional”, considerou Touriño, quen amosou o seu convencemento de que estas alianzas favorecerán o desenvolvemento económico “deste país irmán”. |
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por Redacción
|
|
Martes, 11 Decembro 2007 |
A Xunta ten previsto investir nove millóns de euros na construcción dunha nova sede para o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia e na adquisición dunha plataforma tecnolóxica que permita incorporar a este número todos os demais números de emerxencias, sen prexuízo que cada organismo que intervén na xestión de emerxencias siga existindo como tal e se siga funcionando do mesmo xeito. Así o anunciou hoxe a directora xeral de Protección Civil, Esther González Saavedra, que compareceu no Parlamento para informar sobre o desenvolvemento la Lei de Emerxencias de Galicia. |
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por Redacción
|
|
Luns, 10 Decembro 2007 |
O Ministerio de Xustiza confirmou hoxe a creación de sete novas unidades en Galicia para o ano 2008: -Xulgado de Primeira Instancia nº12 da Coruña. -Xulgado de Primeira Instancia nº 5 de Pontevedra. -Xulgado de Primeira Instancia nº6 de Ourense. -Xulgado de Primeira Instancia nº6 de Santiago. -Xulgado do Contencioso-Administrativo nº2 de Lugo. -Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº2 da Estrada. -Unha praza de maxistrado para a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 1 - 7 de 1501 |